La Sociedade Galega de Filosofía hace público un manfiesto en defensa da filosofía y pone en marcha una campaña de recogida de firmas
APOIO EN DEFENSA DA FILOSOFÍA
1.
A aplicación da LOE nesta Comunidade pode supor a
posible reducción da carga horaria da materia obrigatoria
Filosofía e Cidadanía do primeiro curso do Bacharelato e
a desvalorización do seu contido propiamente filosófico.
2.
Para calquera sistema educativo democrático, como ven
sinalando a Unesco desde 1953, resulta básico dedicar un
espazo suficiente á reflexión sobre os contidos
aprendidos no conxunto das materias, de xeito que os futuros
cidadáns dispoñan da posibilidade de articular
racionalmente esa peculiar cultura que lles demandará a
súa vida intelectual e laboral (política).
3.
Resulta necesario para un programa de universalización e
coñecemento, que defenda a mellora e a calidade da
Educación, a existencia imprescindible de materias onde os
estudantes adquiran ferramentas teóricas e contidos
especificamente filosóficos, asegurando así o seu
adecuado desenvolvemento intelectual mediante a configuración,
articulación e aplicación dos saberes científicos.
4.
Ao marxe a calquera interese gremial, ao que temos dereito como
calquera outro traballador, esta reducción carecería de
toda xustificación á vista do alto valor formativo da
citada materia con vistas aos obxectivos establecidos na Lei e no
correspondente Decreto para esta etapa do Ensino Secundario.
Esta
recollida de firmas ten como propósito reclamar a
súa atención e apoio para apoiar as nosas
peticións ante a Consellería de Educación e
solicitar:
1. Que a Consellería de
Educación desta Comunidade cumpra co seu compromiso educativo,
no momento da determinación do 35%do currículo que lle
compete, apostando por un ensino de calidade, de xeito tal que
manteña a dedicación horaria necesaria para o
desenvolvemento dos contidos especificamente filosóficos.
2.
Que a materia de Filosofía e Cidadanía conserve,
como mínimo, as tres horas semanais de que dispón a
Filosofía actual, necesarias para desenvolver os contidos
curriculares imprescindíbeis para acadar os obxectivos
educativos establecidos pola Unión Europea para os
próximos anos que, tal como se indica no seu Preámbulo,
inspiran a concepción mesma da LOE.
Para
suscribir este manifiesto envía su nombre, DNI, profesión
y su firma a la Sociedade Galega de Filosofía, Facultade de
Filosofía, Praza de Mazarelos s/n, 15782 Santiago de Compostela.